Cargando resultados...
Veljko Mršic apunta como novo técnico do Breogán para substituír a Paco Olmos
Fixo debutar en Euroliga a Musa con tan só 16 anos

G24.gal
17/01/2022 17:11
Veljko Mršic, é o elixido polo Breogán para substituír a Paco Olmos
O técnico, oriúndo de Split, dirixe actualmente á selección nacional de Croacia. Na tempada 2017-2018 xa tivo contacto coa liga ACB adestrando ao Bilbao Basket.
Foi ademais o adestrador que tutelou os primeiros pasos como profesional de Dzanan Musa, actual estrela do Breogán, ao que fixo debutar en Euroliga con 16 anos, 5 meses e 7 días nun partido do Cedevita contra o Olympiacos.
O seleccionador croata Veljko Mršić apunta como novo adestrador do @CBBreogan.
— Paco Basanta (@PacoBasanta) January 17, 2022