Veciños da Zapateira alertan de novos intentos de roubo dun sexaxenario con boa apariencia
O home aproveita portas de garaxes abertas para entrar as vivendas
Grupos de WhatsApp veciñais xa teñen a súa foto para recoñecelo
Nas urbanizacións da Zapateira, ás aforas da Coruña, a presenza do ladrón sesaxenario xa non pasa desapercibida. A súa fotografía foi distribuída a través do grupo da asociación veciñal alertando de recentes intentos de roubo.
Pola súa aparencia, ninguén desconfiaría del polo que algúns veciños novos na zona mesmo chegaron a abrirlle a porta. Ten arredor de 65 anos, vai ben vestido e habitualmente é educado.
Os veciños aseguran que non é a primeira vez que actúa na zona.Malia que foi detido en varias ocasións, e o seu historial delitivo suma 110 delitos, os roubos que comete non pasan de ser furtos xa que nunca forza nada para entrar nas vivendas.
A Policía Nacional está a investigar os seus movementos xa que sobre el pesa unha orde de busca e captura.