Publicador de contidos

Publicador de contidos

Despois de 60 anos sen Marilyn Monroe, o mito segue crecendo

Despois de 60 anos sen Marilyn Monroe, o mito segue crecendo

O 5 de agosto de 1962 aparecía sen vida na súa casa despois dunha sobredose de barbitúricos

G24.gal 04/08/2022 20:52

Era 1962. Era agosto. Era domingo. E Marilyn Monroe aparecía morta na súa casa. Fai 60 anos da súa desaparición, pero o mito segue crecendo.

E un mito é, segundo a Real Academia Galega, unha "personaxe ou acontecemento de gran transcendencia que se presenta deformado ou esaxerado pola tradición". E canto non fixemos e facemos aínda os mortais por eternizar a figura de Marilyn. 

Cantáballe a Kennedy cun poderoso fío de voz. Poderoso, pero un fío. Apagaríase poucos meses despois. O 5 de agosto de 1962 aparecía morta na súa casa. O teléfono estaba descolgado. 

Sobredose de barbitúricos. E hoxe continúa especulándose sobre se foi un suicidio ou un asasinato. 

Norma Jean Baker pasou unha infancia itinerante. Pasou polo orfanato. Pensou que o amor a salvaría, e casou tres veces. O terceiro home, o escritor Arthur Miller. O segundo, a figura do béisbol Joe DiMaggio, que foi quen se acabou encargando do íntimo enterro de Marilyn.

Un pequeno enterro para un gran mito. E mito significa tamén "relato fabuloso no que interveñen personaxes simbólicos que representan as forzas da natureza ou aspectos da condición humana".

E a mítica Marilyn Monroe foi tan humana que só lle faltou sentirse acompañada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos