Publicador de contidos

Publicador de contidos

Usuarios da praia de Samil cuestionan a perda de aparcadoiros polas montaxes do Marisquiño

Usuarios da praia de Samil cuestionan a perda de aparcadoiros polas montaxes do Marisquiño

As restricións empezaron o 30 de xullo e durarán ata o 18 de agosto 

Afectan tamén ás prazas reservadas para persoas con mobilidade reducida e algún carril da avenida

Hai quen pide que o Marisquiño se organice noutros lugares coma IFEMA ou a Madroa

G24.gal 05/08/2025 14:34

As dificultades para aparcar en Vigo agrávanse estes días, porque as montaxes para a celebración do Marisquiño ocupan unha gran parte dos aparcadoiros da contorna de Samil durante case tres semanas.

Os máis molestos son os bañistas que estaban afeitos a deixar o coche preto da praia. Os que adoitan ir valoran especialmente a accesibilidade deste areal e a súas amplas zonas de estacionamento. Pero desde o pasado día 30 a situación está cambiando bastante, segundo confirman os propios usuarios, porque o acondicionamento para a celebración do Marisquiño vai ocupando cada vez máis espazo. 

"Tes que vir cedo para coller sitio para o coche; se ves as once, xa imposible. Ata as dez aparcase ben, pero logo, ao faltar toda unha zona de aparcadoiro, está complicado". 

O evento, que converte Vigo nun referente internacional dos deportes e as músicas urbanas, celébrase do 7 ao 11 de agosto, pero os preparativos e as desmontaxes posteriores condicionan o uso do espazo unha semana antes e outra despois, para desesperación dos usuarios da praia.  As restricións afectan mesmo ás prazas reservadas para usuarios con mobilidade reducida e a algún dos carrís de circulación da avenida de Samil. Por iso, hai que pide que se busque un espazo máis axeitado para acoller O Marisquiño, coma o recinto feiral de Ifema ou a Madroa. 

"É un reclamo turístico para certa xente, pero eu creo que iso se debería resolver doutra forma". 

 

As montaxes ocupan tamén prazas para persoas con mobilidade reducida As montaxes ocupan tamén prazas para persoas con mobilidade reducida
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade