Publicador de contidos
Publicador de contidos

Uns policías salvan un neno de morrer asfixiado en Madrid

Uns policías salvan un neno de morrer asfixiado en Madrid

Reanimárono e mantivérono con vida ata que chegou a ambulancia

G24.gal 02/04/2024 15:50

Dous policías madrileños salvaron un meniño de dous anos que estaba a piques de morrer afogado na casa.

O pai do pequeno chamou as emerxencias porque non respiraba. Ata que chegou a ambulancia, os policías reanimaron o neno e mantivérono con vida.

Todo foi moi rápido e quedou gravado na cámara que levaba un dos axentes da Policía Nacional.

As imaxes son sensibles e impactan. Vese como os policías reaniman o pequeno no portal da súa casa, no barrio madrileño de Vallecas. O pequeno estaba insconsciente.

Finalmente a ambulancia chegou e foi trasladado ao hospital. Está recuperado e na casa xa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos