Uns mil efectivos vixiarán a xestión da biomasa nas parcelas próximas ás vivendas
O conselleiro do Medio Rural salientou que as brigadas municipais colaborarán nos labores de supervisión
A Xunta comezou a inspección da xestión da biomasa nas faixas próximas ás vivendas. O conselleiro do Medio Rural comprobou en Teo este tipo de labores de supervisión, fundamentais para que particulares e concellos cumpran a normativa de prevención de incendios forestais.
José González destacou que este ano as brigadas municipais tamén se poderán encargar de supervisar estas parcelas situadas a 50 metros das vivendas.
"Se unimos a xente de Seaga e a xente das brigadas de prevención e extinción municipais, imos ter preto de mil persoas controlando o estado das faixas. O obxectivo claro é que os 279 concellos do convenio teñan comprobada a totalidade das súas faixas ao longo destes meses previos á campaña".