Uns 55.000 galegos padecen trastorno bipolar
No Día Mundial do Trastorno Bipolar, doentes e profesionais salientan a importancia do diagnóstico
Hoxe é o Día Mundial do Trastorno Bipolar, unha enfermidade mental crónica que padecen uns 55.000 galegos. O diagnóstico e o tratamento son fundamentais para que os doentes gocen de calidade de vida.
Pasaron quince anos ata que a esta viguesa lle diagnosticaron trastorno bipolar. A partir desde momento, emprendeu o camiño da convivencia coa enfermidade.
A terapia, o apoio da Asociación Bipolar de Galicia e a comprensión do seu círculo foron fundamentais para Luz, porque a doenza provoca comportamentos extremos de euforia e de depresión.
Factores xenéticos e do desenvolvemento da personalidade na infancia inflúen na aparición do trastorno bipolar, que padece do 2 e o 4 % da poboación mundial.