Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unhas 3.000 persoas participan na manifestación conxunta a prol da sanidade no Morrazo

Unhas 3.000 persoas participan na manifestación conxunta a prol da sanidade no Morrazo

As dúas manifestacións confluíron na parroquia moañesa de Tirán

G24.gal 20/02/2022 13:58

Manifestación conxunta este domingo en Cangas e en Moaña para pedir recursos en atención primaria. As marchas partiron dos centros de saúde de ámbolos dous concellos para, tras percorrer varios treitos do Camiño Real, confluír nun mesmo punto.

Os dous municipios do Morrazo, que dependen do mesmo PAC e contan con dúas ambulancias para atender as urxencias, reclaman a reapertura do servizo de urxencias en Moaña, máis persoal sanitario e tamén máis ambulancias na zona.

Sanidade asegura que polo de agora non se van aumentar os recursos xa que a asistencia sanitaria está garantida para toda a poboación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade