Cargando resultados...
Unha xoia esquecida no tempo no fin de ciclo Ateneo Barroco
Os misterios das Sonatas do Rosario, mañá no Salón Teatro de Compostela
Interpreta Lina Tur Bonet, fundadora do conxunto Musica Alchemica
G24.gal
24/10/2023 16:28
O Festival Ateneo Barroco finaliza mañá despois de enredar con fugas, contrapuntos e arias na moi barroca cidade de Santiago. Remata cunha obra excepcional que durante dous séculos estivo sepultada no esquecemento: as Sonatas do Rosario de Biber interpretadas por Lina Tur Bonet e o seu conxunto, Música Alchémica.