Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha xenialidade de Yeremay rescata un punto contra o Almería (1-1)

Unha xenialidade de Yeremay rescata un punto contra o Almería (1-1)

O Almería adiantouse na primeira metade por medio de Bonini

O canario rencontrouse co gol nunha gran xogada

G24.gal 04/10/2025 22:25

O Almería traía unha misión. O equipo de Rubi quería ser o primeiro en bater Riazor. En marcarlle a un Deportivo que volveu deixar no banco ao seu máximo goleador: Zakaria Eddachouri recibiu o premio como o mellor do mes de setembro. O mellor do partido foi Yeremay. Aínda que tardou en axustar a mira de disparo. Foi a principal eiva do equipo coruñés, a de afinar ante a portería do Almería. 

Tamén ben defendida por Andrés Fernández, que sacou este remate de Villares. Intervención crucial a de Germán Parreño. Primeiro porque evitou que culminara con éxito esta xogada de Nico Melamed. Pero tamén resultaría decisiva porque propiciou o corner que orixinou o gol do Almería. Botouno o propio Nico, e marcou de cabeza o central italiano Bonini aos 23 minutos de xogo, rendibilizando ao máximo o ata entón escaso xogo ofensivo dos andaluces. E batendo a portería local de riazor por vez primeira esta temporada.

A visitante aínda tardaría en estrearse, porque nin Villares converteu este gran pase de Mario Soriano. Nin Mulattieri este de Ximo Navarro xa no segundo tempo. Nin tampouco o propio Ximo Navarro. Tivo o Deportivo tralo descanso os seus mellores minutos de xogo, pero enfronte sempre un Almería sólido que complicaba a finalización das xogadas.

Ata que agromou a xenialidade de Yeremay. Dende a banda recibe, recorta a Chirino e solta un disparo imparable. O seu primeiro gol en xogada da temporada. Levaba dous de penalti. Con máis de media hora por diante, Riazor emprendeu a remontada. Pero a intención foise esvaecendo. 

Marcar volveu ser unha tarefa demasiado complicada para o Deportivo, e o Almería apretou ata facer temer de novo polo punto que finalmente quedou como botín.

Yeremay pediu penalti nun agarrón na recta final. E os de Rubi tamén por unha posible man de Soitchkov.

Houbo troco na enfermería deportivista. Jose Angel debutou esta temporada tras meses lesionado, e mancouse Ximo Navarro, cunha lesión muscular.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar