Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha veciña de Lugo sofre na rúa un segundo ataque do mesmo can

Unha veciña de Lugo sofre na rúa un segundo ataque do mesmo can

A muller recupérase das feridas que lle causou ao mordela nunha perna

O animal está en corentena, baixo supervisión veterinaria

G24.gal 08/01/2026 14:00

A Policía Local de Lugo identificou a dona do can que lle mordeu na perna a unha muller na rúa Tui e pola que acabou no Hospital Univeristario Lucus Augusti. 

Cando unha persoa sofre a trabada dun can é fundamental recibir asistencia sanitaria porque unha ferida deste tipo require un tratamento moi específico. 

"As feridas por mordedura son feridas sempre contaminadas, a boca é a parte máis contaminada do noso corpo, entón sempre se infectan. Hai que facer lavados, poñer antibióticos", explica Antonio Cantalapiedra, director clínico do hospital veterinario Rof Codina de Lugo.

Tamén é importante acudir a Urxencias porque os servizos médicos poden iniciar o protocolo de denuncia. Dende o propio hospital dáse aviso ás autoridades competentes, que van iniciar todo o proceso para identificar ao propietario do can e saber en que condicións está.

Neste caso a muller solicitou a intervención da Policía Local no mesmo lugar dos feitos ao ser a segunda vez que a atacaba o mesmo can, que está agora en seguimento veterinario.

"Un veterinario debe informar se o can está vacinado e avaliar no período de corentena se desenvolve signos de rabia".

"Cando un can teu morde, o primeiro que hai que facer é levalo a un veterinario para revisar se ten tódalas vacinas e estará en observación para ver se desenvolve signos de rabia".

Unha corentena de catorce días que non sempre implica ter que illar o can. Pero neste caso, ao haber reincidencia, este profesional considera que sería mellor apartalo durante este período.

"Detrás deste tipo de ataques pode haber un problema de comportamento, pero tamén físico".

Tamén insiste en buscar a causa da tendencia a morder. "O veterinario ten que facer unha exploración completa para saber se esa tendencia é porque é así o seu comportamento ou hai outro tipo de patoloxía oculta como un tumor intracranial". En calquera dos casos é importante consultar a un profesional. 

Para evitar sustos, este experto recomenda levar os cans atados e con bozo e soltalos en zonas habilitadas coma nos canís. Tamén defende a vacinación contra a rabia porque, en calquera tipo de situación "a responsabilidade é sempre do propietario ou propietaria". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade