Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha veciña de Ferrol reclama auxilio urxente para a súa nai

Unha veciña de Ferrol reclama auxilio urxente para a súa nai

A muller, con demencia e problemas mentais, vive soa e rexeita a axuda dos fillos

G24.gal 13/11/2022 14:10 Última actualización 13/11/2022 15:14

En Ferrol, unha muller reclama desesperadamente a intervención das Administracións para axudar a súa nai, unha septuaxenaria con problemas de demencia que vive nun piso rodeada do lixo e da roupa que amorea por toda a casa. Julia López explica que non deixa que os seus fillos a axuden.

Di que lle roubamos, que a queremos polo interese. Non a podemos asear, non podemos entrar. Cambiou seis veces a fechadura.

Os servizos sociais de Ferrol e tamén a Consellería de Benestar teñen coñecemento do caso pero non interveñen porque a muller rexeita calquera axuda. O proceso para incapacitala é complexo porque esixe informes aos que a familia non pode acceder, segundo explica a filla, pola lei de protección de datos.

Miña nai vive nunha situación deplorable. Só lles pido aos organismos competentes que me axuden. Non pido cartos, pido axuda para un ser humano.

É unha situación desesperada para a que esixe unha solución urxente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade