Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha vaga de roubos no barrio coruñés da Zapateira ten os veciños preocupados

Unha vaga de roubos no barrio coruñés da Zapateira ten os veciños preocupados

Os ladróns aproveitan para roubar cando as vivendas están baleiras

Os veciños cren que os cacos levan tempo vixiando a zona

G24.gal 21/02/2024 14:03

Os veciños da Zapateira, na Coruña, teñen medo pola vaga de roubos que padecen dende hai tempo. O último tivo lugar esta fin de semana nesta vivenda da urbanización Breogán. Os ladróns aproveitaron que os propietarios saíron cear para entrar roubar. Accederon ao interior rompendo unha fiestra e levaron todas as xoias que atoparon.

A vítima do roubo asegura que non o está pasando ben. Tampouco o están pasando ben os veciños, din que dende hai tempo hai movementos sospeitosos pola zona.

Teresa Pardo, veciña da mesma urbanización, asegura que non é a primeira vez que sucede. Di que hai furgonetas que fan fotografías ás casas, cre que os están vixiando para saber cando hai xente na casa e para coñecer o nivel de vida.

Os veciños avísanse a través do WhatsApp de calquera movemento sospeitoso; é o mesmo sistema que levan tempo empregando na urbanización Aguas Mansas, a escasos dez minutos. Así e todo non foron quen de evitar os cacos. A finais de xaneiro entraron nunha vivenda da urbanización e levaron varios reloxos. Puido ser máis, pero un veciño colleunos na allada e deu a voz de alarma. Non era a primeira vez que visitaban a zona.

Ignacio Pena, veciño desa urbanización, di que xa se produciron máis roubos, incluso a plena luz do día. Apunta que reciben moitas chamadas ás que non contesta ninguén. Cre que o fan para saber se hai alguén na casa.

A policía nacional e a garda civil están a investigar estes roubos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade