Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha praga de pulgas mantén alporizado un barrio de Vilaboa vai para un mes

Unha praga de pulgas mantén alporizado un barrio de Vilaboa vai para un mes

Nin fumigacións nin químicos, nin sequera o lume puido acabar con elas 

G24.gal 16/09/2022 18:50 Última actualización 16/09/2022 21:12

Levan dúas fumigacións e nada, quedaron como estaban. A veciñanza do barrio de Acuña en Vilaboa está ata arriba de pulgas. Non saben moi ben de onde veñen pero achácano a un colchón infestado delas, que apareceu tirado no lixo. Así nolo conta Carlos Bas, xefe do servizo de Emerxencias de Vilaboa.

"Parece ser que foi a raíz dun colchón abandonado que estaba infestado, iso é o que a nós nos consta, e a raíz de aí pois estendeuse pola zona e ao ser exterior, ao aire libre, é moi difícil de controlar".

A veciñanza leva un mes sufrindo as picadas cando camiñan pola rúa, cando van guindar o lixo.
Botáronlle químicos, insecticidas, mesmo o queimaron cun soprete, pero non fixo efecto. As pulgas seguen campando ás súas anchas en humanos e animais domésticos. Quéixanse de que así non poden estar, nin nun negocio nin nunha casa nin na rúa.

Á espera dunha nova e prometida fumigación municipal, neste barrio apenas se aventuran saír por este lugar para evitar o risco de rañarse seguido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar