Cargando resultados...
Unha persecución en Cangas acaba cun furgón estampado contra unha fachada
O condutor está investigado por seis delitos
G24.gal
23/01/2023 20:21
En Cangas viviron unha persecución de película. Rematou coa furgoneta do presunto delincuente estampada contra a fachada dun edificio. O condutor quedou detido e será investigado por seis delitos distintos.
Todo comezou nas inmediacións da lonxa.
As patrullas mobilizadas localizárono e comezou unha persecución que rematou co furgón implicado nos feitos estampado na fachada dun edificio.
Durante a persecución o furgón tamén provocou danos no coche policial. O seu condutor tentou fuxir a pé pero foi detido. É un veciño de Cangas de 33 anos con antecedentes policiais.
Afortunadamente non houbo que lamentar danos persoais.