Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha muller embarazada morre en Verín aparentemente por un golpe de calor

Unha muller embarazada morre en Verín aparentemente por un golpe de calor

A pesar dos intentos dos sanitarios, non puideron facer nada por ela nin polo bebé que esperaba

A vítima encontrouse mal mentres estaba nun local de hostalería da vila

G24.gal 24/08/2022 16:21

Unha muller embarazada e o bebé que esperaba faleceron nun local de Verín situado en pleno centro urbano da vila.

Segundo as investigacións, a muller, de pouco máis de 30 anos, estaba xantando cando notou un golpe de calor e saíu do local hostaleiro. Ao chegar á rúa e, por causas que se descoñecen, caeu redonda.

Unha ambulancia trasladouna ao hospital de Verín, pero non puideron facer nada por salvar a súa vida nin a do bebé. A moza vivía no País Vasco e atopábase coa súa parella de vacacións na vila.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos