Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha muller acoitela o seu home nunha perna en plena rúa en Vimianzo

Unha muller acoitela o seu home nunha perna en plena rúa en Vimianzo

A vítima, que foi atendida no PAC da localidade, non quixo denunciar os feitos, pero a Garda Civil investiga de oficio

G24.gal 08/02/2024 14:53

O home saía do bar London o martes á noite, cando a súa muller lle saíu ao encontro. Discutiron diante da porta, na rúa Castelao, e ela acabou dándolle unha coitelada na perna.

O dono do establecemento, que acababa de pechar, viu como o ferido se dirixía ao PAC polo seu propio pé. Alí recibiu asistencia pola ferida, que non paraba de sangrar.

A vítima non quixo denunciar os feitos, pero a Garda Civil investiga de oficio o sucedido. De feito, tanto a parella como o propietario do bar prestaron declaración no posto de Vimianzo. Agora as dilixencias trasladáronse ao Xulgado de Corcubión, onde esta mañá acudiu declarar a vítima.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar