Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha moza resulta ferida nun choque entre catro vehículos na Coruña

Unha moza resulta ferida nun choque entre catro vehículos na Coruña

O accidente obrigou a cortar dous carrís en Alfonso Molina

G24.gal 26/01/2026 19:11

Un accidente múltiple rexistrado ás 15.35 horas, en sentido entrada á Coruña, obrigou a cortar dous carrís na avenida de Alfonso Molina e deixou ferida leve unha moza de 22 anos, que foi trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).

Segundo informou a Policía Local, o sinistro produciuse á altura do barrio de Matogrande e estiveron implicados un autobús e tres turismos.

Dos tres carrís, permaneceron cortados tanto o esquerdo como o central ata que se limpou a calzada e se retiraron os vehículos accidentados. A situación provocou retencións de tráfico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade