Publicador de contidos

Publicador de contidos

A chuvia dispara ata un 70 % o risco de accidentes nas estradas

A chuvia dispara ata un 70 % o risco de accidentes nas estradas

A escasa visibilidade e o risco de aquaplaning aumentan a probabilidade de sufrir un sinistro cando se rexistran precipitacións copiosas

Tráfico pola estrada N-6, con chuvia, ao seu paso por Lugo
Félix Aragunde 26/01/2026 13:53

Con chuvia intensa como a destes días, toda precaución é pouca ao volante. As precipitacións fan que se incremente ata un 70 por cento o risco de sufrir un accidente, polo que cómpre tomar unha serie de medidas co fin de que a condución sexa segura.

Reducir a marcha e circular con máis calma, ademais de aumentar a distancia de seguridade, poden axudar a evitar un sinistro, en especial cando caen as primeiras pingas.

"Cando leva moito sen chover, a estrada está máis sucia, polo que cando empeza a chover o asfalto é moito máis esvaradío. Entón hai que extremar a precaución, aumentar a distancia de seguridade e ser menos brusco co volante e cos pedais, porque é máis fácil perder adherencia. Despois, sobre mollado hai que aumentar aínda máis a distancia co de diante para non ter problemas", sinala Miguel Rodríguez, profesor de autoescola. 

"Con moita prudencia, amodiño, mantendo a distancia de seguridade e non facer freadas bruscas", engade Juan Yepes, camioneiro. 

"Nótanse moito os golpes na estrada. Con mal tempo, énchense os talleres de coches", afirma Andrés Paludi, mecánico. 

Dous dos factores que máis disparan a sinistralidade en relación coa chuvia son o risco de aquaplaning e a escasa visibilidade, sobre todo cando cae un ballón que mesmo poder impedir continuar a marcha. 

"Se non se ve nada, a mellor decisión é parar e esperar a que melloren as condicións para reanudar a marcha. Se hai moita auga na calzada, hai máis risco de 'aquaplaning', polo que é máis perigoso", advirte Miguel Rodríguez. 

Ante o arriscada que pode chegar a resultar a condución con aviso vermello por chuvia, convén evitar desprazamentos innecesarios por estrada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar