Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha morta e numerosos danos materiais polas fortes chuvias en Lisboa

Unha morta e numerosos danos materiais polas fortes chuvias en Lisboa

Máis de catorce persoas tiveron que ser rescatadas 

Asolagamento nunha rúa de Lisboa Asolagamento nunha rúa de Lisboa
G24.gal 08/12/2022 21:42

Unha muller de 55 anos faleceu despois de que se asolagase a vivenda en que se atopaba, na localidade de Algés, a dez quilómetros de Lisboa.

Os numerosos asolagamentos obrigaron a rescatar máis de catorce persoas.

As choivas que caeron este mércores á noite na área metropolitana de Lisboa foron as máis fortes dos últimos oito anos.

A auga provocou ademais numerosos danos materiais.

A maior parte das incidencias producíronse na capital e tamén no Algarve.

Protección Civil advertiu á poboación para que se manteña alerta nas rexións Centro e Sur de Portugal xa que as chuvias continuarán ata a fin de semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade