Unha moi mala segunda metade priva o Obradoiro da vitoria en Tenerife
Os de Moncho Fernández abriron unha fenda no primeiro cuarto, pero caeron tras o descanso
O 31-15 que apañaron no terceiro cuarto, chave
O Obradoiro perdeu unha grande ocasión de triunfar no Santiago Martín, unha pista que non se lle da ben. Nada facía presaxiar o desenlace logo dun primeiro cuarto en que os santiagueses abriron unha fenda de oito puntos grazas a un gran Bender. O Tenerife meteuse no partido no segundo, que acabou cun resultado de 39 a 43 e deixaba todo aberto para a segunda metade.
Pero no terceiro cuarto todo cambiou. O Obradoiro apañou un parcial de 31 a 15 que o deixou practicamente sen opcións, e máis logo de comezar o último parcial con serios problemas para anotar. En todo o último cuarto so meteu nove puntos. Ao final chegouse cun resultado de 86-67, que significa a segunda derrota do Obradoiro por outras dúas vitorias. Shermadini comandou a anotación dos locais con 19 puntos, mentres Thomas Scrubb e Bender achegaron 16 no equipo galego.