Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha guerreira galaica loce no novo mural xigante da rolda da Muralla de Lugo

Unha guerreira galaica loce no novo mural xigante da rolda da Muralla de Lugo

A obra, non exenta de polémica, homenaxea a cultura castrexa

Está situada no paseo dos Cóengos, unha das vistas máis emblemáticas da cidade

Detalle da guerreira galaica
Félix Aragunde 29/05/2023 14:29

Tras un mes de traballo, o artista Manuel Pallín rematou un mural de 350 metros cadrados que representa unha guerreira galaica. O graffiti xigante pode verse dende a rolda e dende o adarve da muralla romana, nunha das vistas máis recoñecibles de Lugo.

"Non quería poñer unha muller demasiado delicada, senón cun punto e dozura e á vez forte e con poder, algo que tamén me indicaron de distintas asociacións", di Manuel Pallín, autor do mural.

"Como guía, fago paseos ata de cinco horas pola arte urbana lucense, e estas últimas obras tan ben encadradas dentro do patrimonio entran no circuíto máis habitual das persoas que visitan a cidade", asegura Guido Álvarez Parga, guía turístico de Lugo.

O mural está encadrado nunha das vistas máis recoñecibles de Lugo O mural está encadrado nunha das vistas máis recoñecibles de Lugo

O mural homenaxea a cultura castrexa, polo que contén elementos propios da época, como unha arracada, unha fíbula ou un puñal da Idade de Ferro. Para que fose o máis fiel posible, o autor foi asesorado por un arqueólogo e pola directora do Museo Provincial de Lugo.

 "Está baseada en elementos reais da cultura material castrexa, concretamente nalgúns obxectos expostos neste museo, coma a arracada de Suegos, o pendente que leva a indíxena prerromana", explica Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo.

O proceso de creación do mural non estivo exento de polémica. Ante as críticas polo falta de semellanza ao deseño orixinal, o autor decidiu refacer algúns elementos, como a man ou a cara da guerreira.

"A obra pode parecer terminada, pero logo vou modelando e tomando decisións. É a miña forma de traballo. Exposto ao público, houbo quen pensou que estaba rematado e tiven que poñer un cartel indicando que non era así", di o autor do mural.

Xunto co mural que representa a Xulio César, feito por Diego As e elixido o mellor do mundo de 2021, o novo graffiti xigante conforma un circuíto artístico que rodea a muralla romana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos