Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha familia ourensá gaña o preito con Iberia pola supresión de voos no confinamento

Unha familia ourensá gaña o preito con Iberia pola supresión de voos no confinamento

Iberia pretendía, cando o prexudicado reclamou extraxudicialmente, compensalo con bonos para viaxar noutras datas.

G24.gal 30/06/2022 08:05

A compañía aérea Iberia terá que pagarlle a unha familia ourensá preto de 3.000 euros pola cancelación de voos en abril de 2020, cando o confinamento xeral pola pandemia. Neste caso, porque tres persoas que tiñan billete de ida e volta a Bos Aires quedaron sen viaxar polas cancelacións.

É unha sentenza firme, segundo informa La Región, asinada pola xuíza dun tribunal do mercantil. Iberia pretendía, cando o prexudicado reclamou extraxudicialmente, compensalo con bonos para viaxar noutras datas.

Non o aceptou e acudiu á xustiza, que obriga a compañía aérea a devolverlle 2.969 euros dos billetes e gastos de xestión. Ademais Iberia terá que afrontar o pagamento dos intereses legais e as costas do preito.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos