Cargando resultados...
Unha exposición na Coruña lembra o 50 aniversario da morte de Picasso
Unha exposición na Coruña lembra o 50 aniversario da morte de Picasso
A mostra poderá visitarse durante todo o 2023 na Fundación María José Jove
G24.gal
02/02/2023 21:41
Con motivo do 50 aniversario da morte de Pablo Picasso, a Fundación María José Jove acolle unha exposición coa obra do artista que forma parte da súa colección de arte.
As obras que compoñen a mostra xiran arredor da figura de Pablo Picasso. Tres delas son cadros do propio artista, como a cerámica Vinos del Rivero, da súa etapa coruñesa.
Kandinsky, Miró, Arturo Soto ou Dalí son algúns dos creadores coetáneos con que Picasso mantivo unha estreita relación, que no París de entreguerras configuraron as artes de vangarda.
A mostra poderá visitarse durante todo o 2023, cando se cumpren 50 anos da morte de Picasso. Organizaranse actividades didácticas e visitas guiadas.