Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha empresa de Lalín dispón de drons preparados para reforestar tras os incendios

Unha empresa de Lalín dispón de drons preparados para reforestar tras os incendios

Deseñaron dous drons que se axustan ás necesidades específicas de cada zona

Calculan que poden reducir os custos de plantación entre un 20 e un 30 %

G24.gal 01/09/2022 14:24

O uso de drons permite unha reforestación rápida, eficaz e máis barata, segundo salientan os creadores dos dous aparellos deseñados para este fin. Nunha empresa de Lalín crearon dous modelos. Cada un deles ten a súa aplicación.

"Un dos sistema é por disparo para insertar as sementes na terra e que os animais non as coman ou non se dispersen. A través dun voo automático, disparamos unhas sementes encapsuladas con nutrientes. Quedan encaixadas en terra e a partir de aí saen", asegura Jaime Pereira, CEO de Aerocamaras.

O outro dron é algo menos preciso, pero ten outras vantaxes. "Lanzamos moito máis volume de sementes pero non coa mesma precisión. Ao final, co sistema un facemos os disparos por intervalos de tempo ou distancia e nos de aspersión cinética lanzamos volume de sementes e conseguimos repoboar moito máis".

Previamente, estudan o terreo. Utilizan cámaras multiespectrais para detectar as mellores zonas onde reforestar.

"Para coñecer o nivel de dano do terreo e ter unha predición sobre que outros danos poden suceder cando chega a época de chuvia, para garantir a supervivencia das sementes que logo se van plantar", segundo Borja Blanco, director técnico de I+D de Aerocamaras.

Segundo os creadores destas tecnoloxías, o uso de drons ten outra vantaxe, a sustentabilidade. Algo fundamental, din, para recuperar as zonas arrasadas polo lume.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar