Unha bacteria obriga a desaloxar o barco-prisión para inmigrantes no Reino Unido
Detectouse presenza de lexionela na auga, pero polo de agora non hai constancia de que enfermase ningunha persoa

A presenza de lexionela na auga obriga o Goberno británico a evacuar o barco que usa como centro de detención flotante de inmigrantes.
Aproximadamente medio cento de migrantes comezaran a chegar á barcaza esta semana.
A medida de reclusión foi condenada tanto pola oposición laborista como por ONG como unha decisión inhumana e un acto de confinamento deliberado.
Os migrantes foron trasladados fóra da estrutura como medida de precaución e agora mesmo non se rexistrou ningún caso de enfermidade.
O Goberno ordenou unha proba de rutina á subministración de auga o pasado 25 de xullo, pero os resultados non chegaron ata o pasado día 7 de agosto, cando os migrantes comezaran a ser embarcados.
Agora, "as mostras ambientais do sistema de auga da barcaza Bibby Stockholm exhibiron niveis da bacteria de lexionela que requiren de investigacións adicionais", segundo o portavoz de Interior.
Lembramos que o barco ten capacidade para 500 persoas.