Unha aldea de Laza leva un ano traballando na súa decoración de Nadal
Todos os veciños participaron nunha decoración artesanal que encheu a aldea de fíos de cores e bonecos de madeira
Na aldea de Toro en Laza este ano estrean a súa propia decoración de Nadal. Desde hai un ano comezaron a tecer a gancho o que hoxe é o súa árbore de catro metros de altura, e tamén fixeron as roupas para o nacemento. Todas as figuras están feitas a man, un traballo en que colaboraron todos os veciños e as veciñas o resultado é unha decoración chea de cor.
E así como fixo Josefa cadrado a cadrado tecidos coa agulla a gancho e con máis dun cento de madeixas de fío as mulleres de Toro elaboraron a súa árbore de nadal e as coloridas roupas do seu nacemento.
E os homes tamén colaboraron un dos veciños foi o encargado de tallar estas últimas semanas todas as figuras de madeira.
A idea xurdiu da asociación veciñal e cultural o Fiadeiro da Nosa Aldea, e despois dos Reis do ano pasado comezaron a traballar en equipo para facer todos os adornos e ata os chourizos da castañeira son de fío.