Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unai Núñez: "Temos que saír co coitelo entre os dentes"

Unai Núñez: "Temos que saír co coitelo entre os dentes"

Para o central "é un partido especial" porque é dese club desde pequeno e deullo todo

G24.gal 25/01/2023 15:36 Última actualización 25/01/2023 15:44

O futbolista do Celta Unai Núñez sinalou esta mañá que o equipo "está confiado, traballando ao máximo para corrixir os erros". Considera que están a facer "moitas cousas ben". Respecto a medirse ao Athletic Club, desde onde chegou a Vigo, comentou que para el "é un partido especial" porque é dese club desde pequeno e deullo todo, aínda que prevalece que é un partido oficial e a vitoria é moi importante" para os célticos.

O central lamentou que lles fan gol "chegando nunha ou dúas ocasións" e é algo que teñen que corrixir. En canto a el, lembrou que en Vigo tívose que adaptar a "un estilo de xogo diferente" e sente que foi "de menos a máis, mellorando co equipo".

Mostrouse de acordo coa mensaxe de Iago Aspas tras o partido e engadiu:

"Sabemos que xogamos mellor que os rivais, pero gáñannos. Entón, hai que xogar ben durante máis tempo, concentrarnos no que nos toca e saír co coitelo entre os dentes".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade