Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un xuíz substituto decidirá se Begoña Gómez pode saír de España

Un xuíz substituto decidirá se Begoña Gómez pode saír de España

A esposa de Pedro Sánchez solicita viaxar á cimeira da OTAN e á graduación da súa filla mentres Peinado está de vacacións

G24.gal 06/07/2026 13:44

Un xuíz substituto resolverá a petición presentada por Begoña Gómez para poder viaxar entre o 7 e o 10 de xullo a Turquía e Reino Unido, xa que o maxistrado Juan Carlos Peinado, que lle retirou o pasaporte como medida cautelar, está de vacacións. 

A esposa do presidente do Goberno solicitou autorización para acompañar a Pedro Sánchez á cimeira da OTAN en Ankara e asistir posteriormente á graduación da filla en Inglaterra. 

Peinado acordou o pasado 20 de xuño retirarlle o pasaporte e prohibirlle saír de España tras abrir xuízo oral contra ela. A defensa recorreu contra estas medidas cautelares ante a Audiencia Provincial de Madrid. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade