Unha asociación de veciños bate co párroco de Coiro quen non cedeu o adro dunha capela para unha festa
Unha asociación de veciños bate co párroco de Coiro quen non cedeu o adro dunha capela para unha festa
O sacerdote non autorizou o uso do espazo para a Festa da Xuventude
A celebración fíxose noutra localización en tempo récord
Polémica nunha parroquia de Cangas entre a asociación de veciños e o párroco, que se negou a ceder o adro dunha capela para facer a Festa da Xuventude. Porén, a celebración mudou de lugar e foi un éxito. Tres días tivo a asociación de veciños de Santo Domingo da Pedreira para reorganizar a cita festiva. Foi contra o reloxo, pero saíu adiante. Onda o adro da capela, fíxose nun aparcadoiro cedido polo concello.
A nova directiva foi renovada o pasado mes de decembro nas primeiras eleccións que celebraban en 30 anos. O Presidente da Asociación de Veciños Santo Domingo da Pedreira conta as dificultades polas que pasaron ao atoparen que, cando estaban organizando todo, os antigos directivos organizaranse nunha comisión de festas. O cura, na homilía da misa anterior a festa, anunciou que non os deixaba usar o adro.
O párroco réstalle importancia á polémica. Fóra de cámara, Benito de la Iglesia di que a nova directiva é xente de fóra, non son fregueses, e non teñen nada que ver coa capela.
Así que Os Martelos non puideron tocar no palco, pero si facer un pasarrúas. Dende unha posición conciliadora, a Asociación de Veciños confía en que se poidan superar as diferenzas e as festas volvan ser obxecto de unidade e non de discordia.