Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un xuíz concede o cambio de sexo a un menor de oito anos en Ourense

Un xuíz concede o cambio de sexo a un menor de oito anos en Ourense

O xuíz no auto di que se entrevistou co menor e comprobou a "suficiente madurez" e a súa "situación estable de transexualidade"

G24.gal 27/06/2022 10:52

O xuíz encargado do Rexistro Civil de Ourense concedeu o cambio de sexo a un menor de oito anos, en cuxa partida de nacemento figuraba como muller.

Un auto asinado polo maxistrado Darío Carpio Estévez Pérez, datado o 10 de xuño e ao que tivo acceso Efe, determina que "ha lugar á rectificación da acta de nacemento do menor (...) por modificación e cambio na indicación de sexo, que de 'muller', ha de ser a dicir indicación a de 'home'".

Esta resolución responde a unha petición de 2021, na que os pais do neno, de nome Antonio, pedían o cambio neste Rexistro.

O xuíz tivo a oportunidade de entrevistarse co menor o pasado mes de marzo e comprobou a "suficiente madurez" e a súa "situación estable de transexualidade".

Ao longo do auto, o maxistrado relata a situación vivida por Antonio e subliña que sempre pensou e se sentiu como un home, polo que concedeu o cambio de sexo no Rexistro Civil.

A nai do menor, explica que "é suficientemente maduro e é un dereito que ten, que se recoñeza a súa identidade e que era lexítimo que Alejandro tivese ese dereito aínda que fora menor e tivese 8 anos. Penso que isto vai marcar un antes e un despois para moitas persoas". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade