Un tremor de 3,2 graos con epicentro en Barro sentiuse en 180 localidades galegas
Segundo o Instituto Xeográfico Nacional, o movemento sísmico rexistrouse ás 1:24 horas
Un tremor que non provocou nin danos materiais nin persoais, acendeu as alarmas en varios puntos do territorio. Segundo o Instituto Xeográfico Nacional, sentiuse nun total de 180 localidades galegas.
O terremoto, de 3,2 graos de magnitude e a 20 quilómetros de profundidade, tiña o seu epicentro no concello de Barro e rexistrouse esta madrugada ás 01:24 horas.
Outros lugares onde notaron con intensidade este movemento sísmico foron:
- Fontoade (Santiago de Compostela)
- A Chamusca (Pontevedra)
- Adina (Sanxenxo)
- A Espenica (Ordes)
- A Estibada (Marín)
- A Lagoa (Pontevedra)
- A Reigosa (Ponte Caldelas)
- As Covas (A Estrada)
- Chan do Monte (Marín)
- Luou (Teo)
- Meira (Moaña)
- Merín e Neira de Abaixo (Vedra)
- Nespereira (Pazos de Borbén)
- O Castro e Seixo (Marín)