Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un servizo de videointérpretes para persoas xordas esténdese aos 14 hospitais e 90 PAC de Galicia

Un servizo de videointérpretes para persoas xordas esténdese aos 14 hospitais e 90 PAC de Galicia

Garante a iguadade na atención as 24 horas e o sete dias da semana en todos os servizos de urxencias médicas

G24.gal 26/02/2024 13:40

As persoas con discapacidade auditiva van ter acceso a un intérprete de lingua de signos para ser atendidos en calquera centro do Sergas, as 24 horas do día e os 7 días da semana. Vano facer a tráves dunha plataforma dixital que hoxe comezou a despregase nos hospitais e nos PAC. 

Un intérprete da lingua de signos axudará á comunicación entre o médico e os pacientes con discapacidade auditiva. O servizo existía para as consultas programadas. E hoxe esténdese a todas as urxencias, hospitalarias e dos PAC, con cobertura 24 horas todos os días da semana. 

"Hoxe iníciase un proceso para que nos catorce hospitais públicos e os noventa puntos de atención continuadas sexa posible acceder a esta plataforma de videointerpretación que está instalada en todos os ordenadores, que ademais teñen videocámara. Podería facerse en calquera, pero imos ter en cada lugar un box específico", explicou Xulio García Comesaña, conselleiro de Sanidade. 

É un mandato do Parlamento galego para a igualdade no acceso aos servizos, que a mediados de abril acabará de despregarse en todo o territorio.

"É certo que non todas as persoas con discapacidade auditiva son usuarias de lingua de signos, infúen factores como a idade, o lugar, pero esta plataforma permite tamén outras formas de comunicación", engadiu Iker Sertucha, o presidente da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia

A través da lectura dos beizos, do servizo de chat, por exemplo. Tamén haberá guía para que todos os profesionais sanitarios teñan as pautas básicas de atención ás persoas con este tipo de discapacidade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos