Cargando resultados...
Un sector da afección do Celta berrou "Benítez, vaite xa"
E soou o nome de Claudio Giráldez en Balaídos
G24.gal
24/01/2024 13:09
Última actualización 24/01/2024 13:15
A paciencia dalgúns afeccionados do Celta co actual adestrador do primeiro equipo, Rafa Benítez, está a chegar á súa fin. Onte, celtistas presentes na bancada de animación, en Marcador Baixo, e secundados por espectadores doutras zonas do estadio, entoaron o "Benítez, vaite xa" á conclusión do partido de cuartos de Copa fronte á Real Sociedade
Benítez foi preguntado por estes cánticos na conferencia de prensa posterior ao encontro.
"Estou bastante centrado no que pasa no campo. O meu traballo é facer os cambios e tratar de darlles unha volta ás cousas".
Como complemento, pediuse como substitución ao actual preparador do Celta Fortuna, Claudio Giráldez.