Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un sarxento da Lexión falece en Almería durante unhas manobras militares

Un sarxento da Lexión falece en Almería durante unhas manobras militares

O vehículo acoirazado no que viaxaba envorcou e caeu por un barranco

G24.gal 01/10/2022 19:50

Un sarxento da Lexión faleceu en Almería durante unhas manobras militares. A vítima, de 33 anos e natural da localidade gaditana de San Fernando, viaxaba nun vehículo militar acoirazado que envorcou durante as prácticas e caeu por un pequeno barranco.

Os seus acompañantes resultaron feridos de distinta consideración, pero están fóra de perigo. Participaban nun exercicio de adestramento para partiren cara a Irak no mes de novembro, nunha misión da OTAN.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade