Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un sacerdote de Ourense, denunciado polas súas sobriñas por agresión sexual continuada

Un sacerdote de Ourense, denunciado polas súas sobriñas por agresión sexual continuada

O xuíz prohíbelle achegarse ás rapazas e saír do país

O Bispado de Ourense retirouno de todas as súas funcións

G24.gal 13/03/2023 20:56 Última actualización 13/03/2023 21:25

O xuíz prohíbelle a un sacerdote da diocese de Ourense achegarse a menos de 500 metros das súas dúas sobriñas, que o denunciaron por agresión sexual continuada. O Bispado de Ourense retirouno do seu cargo.

Este luns escoitamos por primeira vez o testemuño dunha das rapazas. De costas e coa voz deformada para preservar a súa intimidade.

"Aproveitaba momentos de indefensión, como podía ser a noite. Eu ía durmir e el acompañábame  a rezar e despois pasaba algo máis", conta a denunciante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade