Un punto para fortalecer a autoestima celeste
Un punto para fortalecer a autoestima celeste
O empate contra o Barcelona fortaleceu a liña de traballo do Celta, que pensa xa no Español
Gañou o Celta un punto no campo e un gran punto de autoestima. O empate contra o líder reforza as aspiracións dos celestes, que falan de mirar cara arriba. É o cuarto partido que remonta o Celta en Balaídos, en dúas ocasión para gañar. Ante o Barcelona tivo que sobrepoñerse aos goles de Raphinha e Lewandowaski, pero tamén ás polémicas decisións arbitrais con Iago Aspas e Gerard Martín de protagonistas. O penalti non sinalado e a posterior expulsión perdoada.
Pero este Celta cre, confía e persevera. Alfon Gonzalez co seu gol é o mellor expoñente. Apertou a Kounde, Kounde fallou e o albaceteño abriu o partido co seu primeiro gol en Primeira. Giráldez quedou pensando que a remonta podía ser completa. Xa pensan no Español. Toca saír de Balaídos, onde o Celta sente que é capaz de todo.