Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta e Cegasal colaboran na integración laboral de persoas con trastornos mentais

A Xunta e Cegasal colaboran na integración laboral de persoas con trastornos mentais

Coñecemos a historia de Juan Vázquez, que traballa nos cabaliños dos xardíns de Méndez Núñez

G24.gal 21/07/2023 15:00

A Xunta, a través das consellerías de Sanidade e de Promoción do Emprego e Igualdade, e a Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego Sen Ánimo de Lucro (Cegasal), puxeron en marcha o proxecto "Capacitad@mente", para a recuperación e integración laboral de persoas con trastorno mental severo.

Tras a firma dun acordo entre os representantes do Goberno galego, que achega 0,1 millóns á iniciativa, e da asociación, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, destacou a necesidade de fomentar o emprego das persoas con trastorno mental grave, xa que "para estes pacientes a inserción laboral non é só unha necesidade económica, senón que forma parte tamén dun proceso terapéutico".

Ademais, segundo indica a Xunta nunha nota, a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, lembrou que é unha "prioridade" do Executivo autonómico establecer accións que favorezan a promoción da autonomía e a integración social e laboral de persoas con discapacidade e en risco de exclusión social.

Juan Vázquez leva dende decembro traballando nos cabaliños, e ao primeiro estaba moi nervioso. Esta é unha atracción infantil de vello da Coruña, recuperada no marco dun proxecto de emprego orientado a persoas con enfermidade mental. Este é o primeiro traballo que ten este mozo de pouco máis de vinte anos.

Se ben é certo que un emprego é necesario, sobre todo para ter independencia económica, tamén se trata aquí de achegar outros beneficios sociais. Nos cabaliños traballan varias persoas, con funcións específicas.

E así, por medio da asociación pro enfermos mentais Apem, os míticos cabaliños coruñeses cobraron unha nova vida, atendidos por traballadores tan entregados coma Juan. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar