Un Pontevedra pouco eficaz perdoa ao Compostela no derbi
Levaba 34 goles a favor. O equipo con máis pólvora da categoría. Parece mentira pero ó Pontevedra faltoulle gol no Vero Boquete para sumar a sétima vitoria consecutiva.
E iso que conseguiu adiantarse no marcador nun lanzamento desde a frontal de Alberto Rubio. Pero a secuencia de ocasións, e só poñemos as máis claras, levou a cor granate da categoría.
Claras como esta de Charles e Brais Abelenda ao final do primeiro tempo. Ou mesmo cun gol anulado a Brais nunha xogada na que Rubio tardou moito en dar o pase definitivo.
O Compostela chegaba ao partido logo dun parón de máis dun mes. Atopouse cun penalti cometido por Víctor Vázquez sobre Pablo Durán e que transformou Samu.
Aínda quedou unha triple oportunidade na que participaron Charles e o recuperado Rufo, que volveu xogar despois de tres meses. Empate entre Compostela e Pontevedra, e tamén do Adarve. Todo segue igual na parte alta da Primeira Federación.