Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un morto e un ferido ao saír da vía un coche en Cortegada

Un morto e un ferido ao saír da vía un coche en Cortegada

O accidente ocorreu na estrada que vai de Ribeira a Cortegada

G24.gal 15/12/2023 17:58 Última actualización 15/12/2023 19:06

Unha persoa faleceu e outra resultou ferida de gravidade nun accidente de tráfico ocorrido esta tarde en Cortegada.

O sinistro produciuse na estrada OU-801, que une Cortegada con Ribadavia, á altura do km 12.

No accidente só hai un coche implicado. Por causas que se descoñecen, o vehículo saíu da vía.

Ata a zona desprazouse un helicóptero medicalizado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade