Un milleiro de nenos adiantaron a festa da Reconquista en Vigo
A festa prolongarase desde o venres 25 de marzo ata o luns 28
Un milleiro de mozos de 15 centros educativos de Vigo percorreron este xoves as rúas do barrio histórico a golpe de tambor. Celebran unha xornada lúdica previa a festa da Reconquista. Aprenden historia, música, fan os seus propios tambores e gozan da festa.
A Reconquistiña comezou hai oito anos cos colexios máis próximos ao barrio histórico, agora xa hai cativos de case todas as zonas de Vigo e a organización agarda que se acaben sumando todos.
Esta fin de semana celebraranse os días grandes da festa. Unha celebración que ideou a asociación de veciños do barrio histórico en 1994 e que se converteu xa nunha festa en que toda a cidade rememora a xesta histórica en que os vigueses conseguiron expulsar o investidor francés en marzo de 1809.