Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un matrimonio de Arteixo queda ferido ao estoupar unha tubaxe da caldeira da súa casa

Un matrimonio de Arteixo queda ferido ao estoupar unha tubaxe da caldeira da súa casa

A muller e o home, únicos ocupantes da vivenda, teñen queimaduras nas pernas e permanecen ingresados no Complexo Hospitalario da Coruña

G24.gal 13/03/2024 09:58 Última actualización 13/03/2024 14:10

Un matrimonio, de 82 e 84 anos, quedou ferido en Arteixo pola explosión dunha tubaxe de vapor do sistema de calefacción da súa casa. A muller e o home foron trasladados ao Complexo Hospitalario da Coruña (CHUAC) con queimaduras nas pernas.

O suceso ocorreu nunha vivenda unifamilar situada na travesía de Oseiro. Sorprendeu este martes a última hora da tarde, contra ás 21:00, a veciñanza da zona, onde se deixou sentir a explosión desa tubaxe de vapor dunha caldeira situada no andar inferior da casa.

Os dous feridos son un matrimonio, Carmen e Manuel, os habituais residentes da vivenda. Os dous presentaban queimaduras na parte inferior do corpo e que permanecen ingresados no CHUAC, logo de seren atendidos no mesmo lugar por persoal do 061. 

A consecuencia da explosión rebentou unha ventá, que saíu disparada, e unha das paredes interiores da casa que separaba a cociña do comedor. Os bombeiros do parque comarcal situado en Arteixo e o persoal de Protección Civil do propio concello comprobaron que a orixe da explosión estaba nesa tubaxe dunha cheminea de leña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade