Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un indíxena do Amazonas camiña 12 horas co pai ás costas para levaren a vacina

Un indíxena do Amazonas camiña 12 horas co pai ás costas para levaren a vacina

A imaxe captouna o neurocirurxián e experto en saúde indíxena Erik Jennings

G24.gal 11/01/2022 20:35

Esta foto está a dar a volta ao mundo. A escena captouna no Amazonas o doutor Erik Jennings, que di que foi do que máis lle impactou do 2021. 

Os protagonistas, indíxenas brasileiros, son un pai de 67 anos e seu fillo, de 27, que carga con el ao lombo atravesando sendeiros no bosque co fin de chegar á base en que lles ían poñer a primeira dose da vacina contra a covid.

Foron seis horas de ida e outras seis horas de volta, e así percorreron todo o camiño.

Explican os médicos que se fosen eles mesmos ás aldeas ciscadas desta tribo, o proceso de vacinación sería moito máis longo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade