Cargando resultados...
Un incendio nun coche fúnebre acaba queimando outro turismo en Pontevedra
Non hai que lamentar danos persoais
G24.gal
04/06/2024 18:12
Última actualización 05/06/2024 16:49
Un incendio calcinou dous coches en Pontevedra na tarde deste martes.
As lapas comezaron nun coche fúnebre que ia recoller un corpo na zona de Conde Bugallal.
Dende ese vehículo, o lume pasou a outro turismo que estaba estacionado á beira.
Os efectivos de emerxencias desprazados á zona confirman que non hai que lamentar danos persoais.