Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un incendio en Dozón, en situación 2, obriga a cortar a AG-53 e a N-525

Un incendio en Dozón, en situación 2, obriga a cortar a AG-53 e a N-525

A Xunta activo o nivel 2 pola proximidade das lapas ao núcleo do Castro

Estrada cortada nas proximidades do municipio de Piñor por mor do incendio declarado na localidade de Dozón/Josechu Ortiz/EFE Estrada cortada nas proximidades do municipio de Piñor por mor do incendio declarado na localidade de Dozón/Josechu Ortiz/EFE
G24.gal 12/08/2025 16:55 Última actualización 12/08/2025 19:36

A Xunta de Galicia activou a situación 2 do Plan de Emerxencias por Incendios Forestais polo incendio que se decretou en Dozón (Pontevedra), que pon en risco ao núcleo de poboación do Castro, un incendio que chega ás 100 hectáreas e que  obrigou a cortar estradas.

Segundo informan o Goberno autonómico e a Subdelegación do Goberno de Pontevedra, o incendio afecta á zona próxima á autovía AG-53 (quilómetro 59), onde se atopa unha gasolineira e varias explotacións gandeiras de vacún. Por prevención, Tráfico cortou a autovía en ambos os sentidos e tamén a N-525 ao seu paso por Dozón (quilómetro 275).

No operativo participan patrullas da Garda Civil de Lalín, Vila de Cruces e Seprona da Estrada, así como efectivos de Ourense por tratarse dunha área limítrofe. 

Para a súa extinción mobilizáronse ata ou momento 3 técnicos, 11 brigadas, 15 motobombas, 1 pa, 3 helicópteros e 2 avións.

Controlado A Estrada-Souto

Esta controlado desde as 11:50 horas o incendio forestal do concello da Estrada, parroquia de Souto, que se iniciou o domingo ás 12:37 horas e que segundo as últimas estimacións provisionais rolda as 20 hectáreas de superficie afectada.

Para a súa extinción, mobilizáronse polo de agora 1 técnico, 9 axentes, 18 brigadas, 17 motobombas, 4 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 4 helicópteros e 3 avións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade