Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un home de 80 anos con alzhéimer mata á muller en Benalmádena

Un home de 80 anos con alzhéimer mata á muller en Benalmádena

Existían denuncias previas por violencia pero sen medidas xudicias de protección

A vítima tña 29 anos e era de nacionalidade británica

O corpo presentaba unha vinta de coiteladas

Axentes da Policí Nacional / Arquivo Axentes da Policí Nacional / Arquivo
G24.gal 05/11/2022 09:24 Última actualización 05/11/2022 11:05

Unha muller de 69 anos foi asasinada onte á noite polo seu home, diagnosticado de alzhéimer, tras asestarlle máis de 20 coiteladas na súa vivenda da localidade malagueña de Benalmádena.

A vítima mortal é de nacionalidade británica, igual que o agresor, xa detido pola Policía Nacional.

Os feitos sucederon contra as 22:30 do venres no domicilio da parella en Benalmádena. Ata o lugar desprazáronse os equipos de emerxencias e axentes da Policía Nacional, que localizaron o corpo sen vida da muller, á que o seu home, que sofre demencia, lle asestou máis de vinte coiteladas por todo o corpo.

Agora investíganse as circunstancias en que se produciu este novo crime machista.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade