Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un home atrinchéirase 12 horas nunha vivenda en Arteixo e lanza frechas pola fiestra cunha bésta

Un home atrinchéirase 12 horas nunha vivenda en Arteixo e lanza frechas pola fiestra cunha bésta

Os veciños aseguran que non é a primeira vez que fai algo semellante

G24.gal 10/07/2022 21:19

O de hoxe foi un domingo axitado para os veciños da rúa Urbano Lugrís de Vilarrodís, en Arteixo.

Un home estivo atrincheirado durante máis de 12 horas. De madrugada comezou a tirar obxectos desde a fiestra da súa vivenda.

Ata seis coches da Garda Civil e da Policía Local desprazaráronse ata o lugar. O atrincheirado mantívose con actitude violenta, guindando máis obxectos contra os vehículos policiais, e mesmo lles disparou frechas cunha bésta caseira.

Este serán conseguían reducilo e trasladalo a un centro sanitario. Os veciños aseguran que non é a primeira vez que se atrincheira, pero nunca viviran un episodio coma o de hoxe.

Aínda que reside coa súa muller e dous fillos, hoxe estaba só na vivenda. A ausencia de terceiras persoas facilitou a intervención dos axentes e a redución do home, coñecido na zona pola súa actitude violenta e algúns episodios relacionados co consumo de drogas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos