Cargando resultados...
Un grupo de arqueiros busca o xabarín avistado na illa de San Simón
Varias testemuñas alertaron da presenza do animal
G24.gal
13/11/2021 12:59
Un grupo de arqueiros especializados na batida de xabaríns desembarcaron este sábado na illa de San Simón. Van tentar localizar o porco bravo avistado nos últimos días neste espazo natural protexido.
Varias testemuñas alertaron á Consellería de Medio Ambiente da presenza do animal e un cazador identificou o lugar no que se atopaba. Porén, o xabarín móvese e mesmo podería estar a entrar e saír da illa.