Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un gol no minuto 90 priva ao Deportivo da vitoria no Alcoraz (1-1)

Un gol no minuto 90 priva ao Deportivo da vitoria no Alcoraz (1-1)

O equipo coruñés foi a mási na segunda metade e adiantouse cun gol de Luismi

A falta de contundencia de Patiño na área aproveitouna Carrillo para empatar

O Deportivo volve a ascenso directo a falta do enfrontamento entre os seus rivais directos

G24.gal 12/04/2026 18:12

A primeira metade deixou poucas ocasións claras, cos dous equipos conscientes do moito que había en xogo. Comezou asomando o Deportivo, sobre todo con internadas pola dereita de Alti. Houbo polémica na área local nun córner noque caeu Mulattieri agarrado por un rival, pero o árbitro non sinalou nada.

Aos poucos, o Huesca foise atopando algo máis cómodo, e foise aproximando á área de Ferllo. As súas ocasións máis claras chegaron no treito final, especialmente nun disparo desde a frontal que a piques estivo de peitear Javi Mier e, sobre todo, nun centro que Portillo non atinou a rematar na frontal da área pequena.

Na segunda parte tamén tardaron os equipos en quecer, pero o Deportivo levou algo máis a iniciativa, tendo a primeira nunha falta de Luismi que marchou arriba, despois dunha boa acción de Nsongo Bil. Un Nsongo que tivo a seguinte, nun remate que acabou rexeitado a córner. O Deportivo ía a máis e púxolle cerco á área de Dani Giménez, sobre todo con envíos laterais e remates desde fóra. Un de Quagliata estivo a piques de coverterse no primeiro. E pouco despois, unha cabezada acrobática de Nsongo tiña que sacala o porteiro a córner.

A terceira ocasión clara si a mandou o Deportivo á rede. Foi nunha internada de Quagliata, que serviu atrás para o remate de Luismi, agora si para o 0-1. Era o minuto 72.

Amagou coa reacción o equipo aragonés, pero non chegou a disparar entre os tres paus nos seguintes intentos. Si o fixo Liberto no 85, aproveitando un erro de Patiño na saída, pero respondeu Ferllo moi atento. O partido estaba máis aberto, e Alti dispuxo dunha gran ocasión para o Deportivo, pero rematou arriba.

No minuto 90 chegou a acción determinante do partido: un balón centrado desde a esquerda caéulle a Patiño, pero estivo pouco contundente no despexer, e Carrillo apareceu por detrás para arrebañarlle o balón e rematar á rede. Empate a uns no Alcoraz, que privaba aos coruñeses do liderado momentáneo.

Sen embargo, aínda quedaban opcións para que o resultado caese para calquera dos dous lados. E foi nunha acción incrible, que rexistrou un remate ao pau de Íñigo Peña e, na contra seguinte, outro de Yeremay, nun final tolo que deixou todo como estaba, co Huesca desempatando cos dous últimos, e o Deportivo meténdose de segundo á espera dese trascendental Rácing-Almería.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar