Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un gol de Quiles devolve o Deportivo ao grupo de cabeza

Un gol de Quiles devolve o Deportivo ao grupo de cabeza

A vitoria permítelles aos coruñeses superar o Sanse na clasificación

G24.gal 29/10/2022 22:12

Pasouno mal no primeiro tempo, pero o Deportivo acabou gañando un partido importantísimo ante o San Sebastián de los Reyes. Foi pola mínima, logo de que o conxunto visitante non aproveitara as boas ocasións que tivo no treito inicial do choque en Riazor.

A primeira foi para Arturo, que disparou cruzado. A segunda, tras un erro de Villares. Sergio Nieto non o pensou e puso a proba a un Ian Mackay acertado neste encontro.

No primeiro acto o Deportivo non atopaba o camiño da portería contraria. A mellor opción foi a balón parado, cun remate fóra por pouco de Pablo Martínez.

Tralo descanso, o conxunto coruñés mellorou, especialmente despóis de lograr o único gol do partido, gol que chegou nunha contra resolta individualmente por Alberto Quiles. Gran conducción e definición exquisita ante Pedro López.

Era o minuto 61, e os de Óscar Cano tiveron a virtude de non pasar apuros en defensa na media hora longa que quedaba de encontro. Mesmo gozaron de oportunidades para sentenciar, pero o marcador non se moveu. O Deportivo suma agora 18 puntos, e volve a postos de playoff.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade